Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Memoria técnica dos traballos de extracción, restauración e conservación dos fragmentos dos debuxos feitos polos presos no Mosteiro de Sta. María de Oia durante a Guerra Civil (1936-1938)

Celia Casás Pérez

  • galego

    A conservación e restauración de bens artísticos é unha disciplina que mestura o estudio histórico coa investigación científica dos compoñentes das obras que se están estudiando para poder desenvolver unha metodoloxía e uns tratamentos de restauración adecuados, respectando ao máximo a integridade estrutural, o uso para o que foi concibida e a súa esencia histórico-artística.

    Neste caso, describiranse os antecedentes históricos, os axentes de deterioro, as patoloxía atopadas, os tratamentos producidos para a súa conservación e o resultado de ditos traballos.

    Gustaríame agradecer ós propietarios do Mosteiro de Oia por facer posible este proxecto e facer fincapé na necesidade de por en valor este tipo de bens culturais, histórico e artísticos que son os sinais máis representativos do paso do tempo, dos acontecementos sufridos, vividos ou desfrutados.

    Cada sociedade fráguase a través da suma das experiencias vividas, sexan boas ou malas, o noso presente é froito dun pasado e temos a obriga de conservalo para o futuro, para que as novas xeracións teñan constancia da identidade e dos sucesos que fixeron que sexamos dun xeito ou doutro.

  • English

    The conservation and restoration of artistic assets is a discipline that mixes historical study with scientific research of the components of the works being studied in order to develop a methodology and appropriate restoration treatments, respecting as much as possible the structural integrity, the use for which it was conceived and its historical-artistic essence.

    In this case, the historical background, the agents of deterioration, the pathologies found, the treatments produced for their conservation and the result of these works will be described.

    I would like to thank the owners of the Monastery of Oia for making this project possible and to emphasize the need to value this type of cultural, historical and artistic assets which are the most representative signs of the passage of time, events suffered, lived or enjoyed.

    Each society is forged through the sum of lived experiences, whether good or bad, our present is the fruit of a past and we have an obligation to preserve it for the future, so that new generations are aware of the identity and events that made us one way or another.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus