Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O salto do Pego Negro e a chegada da electricidade ao Val de Miñor

  • Autores: Uxío Reinoso Maset
  • Localización: Revista de Estudos Miñoráns, ISSN-e 2340-2644, Nº. 19, 2020, págs. 85-108
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      A historia da electrificación de Galicia é quizais un dos capítulos máis vertixinosos e singulares da historia da nosa industrialización. Nunha poucas décadas, en Galicia pasouse de ensaiar modestas iniciativas locais, a realizar (baixo a dirección de grandes empresas e o estado) colosais proxectos de enxeñería para aproveitar a riqueza hidráulica do país. As consecuencias económicas, sociais e medioambientais desta “empresa”, están aínda presentes na nosa sociedade, xerando polémicas e problemáticas que son obxecto de habitual e fondo estudo académico e debate político.

      A turbulenta vida do Salto do Pego Negro en Gondomar, é un pequeno episodio (un tanto esquecido pola historiografía especializada) na conformación do sector eléctrico galego; pero que ten o valor, de que nela atopamos caracterizadas moitas das circunstancias, polémicas e protagonistas da electrificación de Galicia. Amais, evidentemente, a chegada da “luz” mediante esta pequena central é tamén un episodio notable da historia do Val de Miñor, así como un capitulo máis da milenaria historia do aproveitamento do río Vilaza

    • English

      The history of electricity in Galicia is probably one of the most exciting chapters in our process of industrialization. In a few decades, it grew from small initiatives to great engineering projects aimed at taking advantage of the hydraulic force of the country. The economic, social and environmental consequences of this enterprise are still present in our society, arising problems greatly studied by expert and discussed by politicians. The troubled life of “Salto do Pego” in Gondomar is a forgotten chapter of our historiography that had great relevance in the formation of the Galician electric system, but that possesses the value of containing most of the circumstances and problems of the arrival of electricity to Galicia. The arrival of light thanks to this small source is also a notable episode of the history of Val de Miñor, the same as a chapter in the old history of the Rio Vilaza.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno