A Coruña, España
O presente texto pon o foco na proxección mediática de Manuel M. Murguía en Galiza e na emigración do seu tempo, a través da que seguir a pegada da súa transición como creador literario a historiador (e de historiador a historiador nacional, por antonomasia). Nesa conversión, o punto de inflexión sitúase na edición da súa Historia de Galicia, destacada en innumerábeis ocasións pola prensa da época. Tras o seu intenso labor intelectual e de axitación política, Murguía sería a máxima figura do movemento patriótico galego desde o último terzo do s.XIX.
Tis text focuses on the media projection of Manuel M. Murguía in Galicia and on Galician emigration of his time, through which to follow the trail of his transition from literary creator to historian (and from historian to national historian, par excellence). In this conversion, the turning point was the edition of his Historia de Galicia, highlighted on countless occasions by the press of the time. After his intense intellectual work and political agitation, Murguía would be the greatest figure of the Galician patriotic movement since the last third of the 19th century.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados