Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de De Camelot a Saor: as relacións transtextuais da materia de Bretaña en Galván en Saor, de Darío Xohán Cabana

María del Pilar Pitaluga García

  • galego

    A afinidade co folclore bretón e a mitoloxía celta da cultura galega levou aos seus escritores a recrear reiteradamente a Materia de Bretaña. Sobre todo a partir da primeira metade do século XIX comeza para Galicia un período caracterizado pola procura dunha identidade nacional propia. Entrando no século XX, son moitos os escritores que seguen utilizando os mitos e lendas artúricas como eixe central dos seus textos, e a figura do cabaleiro como protagonista da narración. A novela Galván en Saor (1989), de Darío Xohán Cabana (1952-2021), súmase á corrente temática que retoma a Materia de Bretaña dentro da literatura galega para actualizar os seus mitos e personaxes como metáforas político-sociais, a través de vínculos transtextuais que a una con autores de longa tradición artúrica como Chrétien de Troyes e Thomas Malory (1416-1471), así como co canon artúrico-celta establecido por Álvaro Cunqueiro (1911-1981), grazas a obras tan coñecidas como Merlín e familia (1955).

  • English

    The affinity with Breton folklore and Celtic mythology of Galician culture has led its writers to repeatedly recreate the Matter of Britain. From the first half of the 19th century onwards, Galicia enters a new period characterised by the search for its own national identity. In the 20th century, there are many writers who continue to use Arthurian myths and legends as a central theme of their works, with the figure of the knight as the protagonist of the stories.

    The novel Galván en Saor (1989), by Darío Xohán Cabana (1952-2021), is inscribed within this thematic line dealing with the Matter of Britain within Galician literature in order to update its myths and characters as political-social metaphors, through transtextual links to well-known authors of the Arthurian tradition like Chrétien de Troyes and Thomas Malory (1416-1471), as well as to the Arthurian-Celtic canon established by Álvaro Cunqueiro (1911-1981), thanks to well-known works like Merlín e familia (1955).


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus