Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Un tradutor na súa casa. Teoría e praxe tradutora de Darío Xohán Cabana

Alexandra Cabana Outeiro

  • galego

    Neste artigo faise unha análise, desde unha perspectiva familiar e íntima mais tamén científica, do labor como tradutor do poeta, escritor e académico Darío Xohán Cabana, relacionando a súa praxe diaria coa teorización que sobre o labor de traducir foi deixando en distintos textos, artigos e conferencias ademais de en diversas notas manuscritas soltas e en anotacións en libros de consulta e edicións de base prás súas traducións. Escóllese, ademais, unha serie de citas do propio tradutor pra conformar un decálogo pra unha praxe tradutora, ó que el nunca lle deu forma pero que eu ouso extraer das súas teorizacións e da súa práctica como tradutor tanto de poesía como de prosa. Enténdese como necesaria e útil esta achega dado o recoñecido prestixio nacional e internacional que Darío Xohán Cabana tivo e ten como tradutor, labor co que nos trouxo ó galego grandes obras universais, tratando cada obra cun traballo minucioso e comprometido coa lingua de orixe e a lingua de destino, a nosa, á que lle dedicou toda a súa vida. Eu, súa filla, coa axuda de miña nai, como testemuñas directas e compañeiras da súa vida diaria, podemos achegar información que dificilmente outros estudosos poidan achegar, complementando outros estudos que se teñen feito ou se poidan facer de aquí en diante.

  • English

    Poet, writer and academician Darío Xohán Cabana’s translation work is analysed in this article from a personal and family angle, but also from a scientific perspective, linking his daily practice to his theorising about translation that he left in different texts, articles, and lectures, as well as in various handwritten notes and in annotations in reference books and source texts for his translations. In addition, a series of his quotes has been selected, in order to put together a set of guidelines for translation practice, which he never gave shape to, but which I venture to extract from his theorising and from his practice as a translator of both poetry and prose. I believe this contribution is necessary and useful, given the acclaim Darío Xohán Cabana gained as a translator, both at national and international level. He rendered great works of world literature into Galician, approaching each one of them with meticulous care and a deep commitment to both the source language and the target language – our language, Galician, to which he devoted his entire life. I, his daughter, with the help of my mother, as direct witnesses and companions of his daily life, can contribute information that other scholars could not, complementing previous studies or those that may be carried out henceforth.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus