Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O emprego do artigo co posesivo con nomes de parentesco no galego contemporáneo

    1. [1] Universidade de Vigo

      Universidade de Vigo

      Vigo, España

  • Localización: Cumieira: cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega, Nº. 8, 2023, págs. 11-40
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • The use of the article with the possessive with names of kinship in the contemporany Galicians
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      Este traballo examina o uso do artigo determinado co posesivo en frases nominais nucleadas por nomes de parentesco e as variables que axudan a explicar a súa presenza ou ausencia en galego. A análise realízase a partir dun corpus constituído por textos do TILGA no período 1918-2013. Tras a elaboración dunha base de datos propia, de preto de 23000 exemplos de substantivos de parentesco, comezamos por comentar o concepto de parentesco e propoñer unha clasificación propia deste campo semántico, para logo revisar o uso do artigo determinado co posesivo dentro da gramática do galego. Posteriormente, analízanse en que medida inflúen variables semánticas, coma o grao de parentesco; morfolóxicas, coma o xénero, o número ou o número de posuidores; sintácticas, coma a función da frase nominal, a presenza dunha preposición ou a modalidade oracional; e cronolóxicas na presenza ou ausencia do artigo determinado en frases formadas por posesivo + nomes de parentesco.

    • English

      This paper examines the use of the definite article with the possessive in noun phrases nucleated by family names and some of the variables that help to explain its presence or absence in Galician. The analysis is based on a corpus made up of TILGA texts in the period 1918-2013.

      After creating our own database, of around 23,000 examples of kinship nouns, firstly we began by commenting on the concept of kinship and proposing a classification of this semantic field.

      Secondly, we have reviewed the use of the definite article with the possessive by Galician grammarians. Subsequently, we have analysed the extent to which semantic variables such as the degree of kinship; morphological ones such as gender, number or number of possessors; syntactical ones such as the function of the noun phrase, the presence of a preposition or the sentence modality; and chronological factors can influence the presence or absence of the definite article in phrases formed by possessive + family names.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno