Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Escalada para o diagnóstico do Trastorno do Espectro Autista (TID-TEA)

  • Autores: Manuel Ojea Rúa
  • Localización: Maremagnum: publicación galega sobre os trastornos do espectro autista, ISSN 1698-5966, Nº. 27, 2023 (Ejemplar dedicado a: Unha feliz viaxe pola vida), págs. 11-25
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Son amplamente recorrentes as investigacións con base empírica en relación coa especificidade conceptual das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), en canto ás particularidades do tipo de procesamento psiconeurolóxico da información que presentan, tanto en relación cos procesos iniciais perceptivos, caracterizados por unha coherencia central cognitiva débil, como en base á recuperación da información, pero, sobre todo, estes estudos destacan as limitacións sinápticas das persoas con TEA para realizar o establecemento de relacións entre os conceptos e as categorías conceptuais, que dificultan un procesamento relacional extensivo e xeneralizado aos procesos indutivos, dedutivos da información.

      Con todo, as escalas actuais tradicionais de diagnóstico limítanse en exceso á análise dos criterios de diagnóstico de tipo condutual, por esta razón deseñouse a Escala Integrada (TID-TEA), que engloba, tanto as variables condutuais como as dimensións perceptivo-cognitivas do procesamento neuropsicolóxico da información. Neste estudo, anticiparon un total de 124 persoas con TEA, co fin de atopar a codificación das puntuacións atopadas na escala e a súa transformación en percentís, que determinan a validez do proceso de diagnóstico do TEA.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno