Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Sandra, Modesto e a resistencia hondureña ante as agresións ambientais

Uxía Iglesias, Redacción Cerna

  • En Honduras, protexer a terra do espolio do capital estranxeiro pode custar a liberdade e mesmo a vida. Sandra Reyes e Modesto Ochoa viven ao sur do país, son defensoras dos dereitos humanos e do territorio e líderes na acción comunitaria. Neste ano 2023 visitaron Galiza da man da Coordinadora Galega de ONG’s, no marco do proxecto Futuro en Común, para contar as súas propias experiencias de loita e coñecer de primeira man os conflitos ambientais que aquí se libran. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) tivo o pracer de recibilos e conversar con eles nunha das súas últimas paradas antes de regresar a Honduras.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus