Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


EnCorgadas: Reactivación do regadío tradicional de Penelas (Teo, Galiza)

  • Autores: Lucía Santiago Sanmiguel, Asociación Veciñal Trinxidoiro de Penelas
  • Localización: Cuadiernu: Revista internacional de patrimonio, museología social, memoria y territorio, ISSN-e 2340-6895, ISSN 2444-7765, Nº. 12, 2023, págs. 190-209
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • LabUlla é un proxecto de investigación-acción participativa que ten como obxectivo desenvolver procesos comunitarios de creación e socialización de patrimonios que permanecen invisibilizados. Actualmente, a comunidade de Penelas (Teo, Galiza), unha das aldeas participantes no proxecto, decidiu enfocarse na recuperación do seu complexo sistema hidráulico, documentado desde o século XVIII.

      En xuño de 2022 deu comezo o proceso participativo de co-construción de coñecementos etnográficos e históricos. Esta fase demostrou que esta arquitectura popular multifuncional composta por “corgos”, pequenas represas e canles de rega, continúan tendo moita importancia como elemento simbólico e identitario para a comunidade local. En 2023, todos os coñecementos adquiridos están a ser postos en práctica. Realizáronse diferentes traballos ao redor do patrimonio e a súa socialización, levando á aldea a ser como un ecomuseo aberto e vivo. Respecto aos “corgos”, identificouse a variedade autóctona de millo e os terreos de cultivos, e acondicionáronse as canles de rega para iniciar o ciclo de produción. Finalmente, pretendemos compartir inquietudes, crear redes e sinerxías en canto a formas de facer e fontes de financiamento, e así poder continuar co proxecto.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno