Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de BALLESTER, JOSEP (ED.) (2015). Sobre l’horrible perill de la lectura. València: Universitat de València-Departament de Didàctica de la Llengua i la Literatura

Pedro Dono López

  • Neste volume cuxo título homenaxea o coñecido texto voltairiano, o profesor Josep Ballester ofrécenos unha colección heteroxénea de textos á volta do libro e da actividade lectora (habería que apelidar esta lectura de"literaria"), que a miúdo adopta a forma dun eloxio da lectura, parafraseando agora a Érasmo. Ao mesmo tempo, esta heteroxeneidade articúlase coa presenza sostida dunha serie de tópicos que atravesan toda a obra (lectura como evasión, a soidade do lector, a relevancia da lectura na infancia). A colectánea, organizada en cinco capítulos que abordan diferentes dimensións do fenómeno, vai precedida dunha introdución do autor que aborda a lectura desde múltiplas perspectivas e péchase cunha extensa selección bibliográfica sobre o asunto.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus