O sistema mediático da Galiza, cunha forte vocación local desde o seu nacemento, está hoxe, a comezos do ano 2004, maioritariamente en mans de familias galegas. As empresas de comunicación entraron no século XXI cun modo de propiedade familiar que se caracteriza por unha certa debilidade empresarial, polo liderazgo no mercado de proximidade e rexional fronte aos medios de Madrid, por unha estratexia de atención aos contidos máis inmediatos e pola escasa presenza da lingua propia nos contidos da maioría dos productos das empresas privadas. Non hai moitas dúbidas. Estamos diante dun modelo paradigmático de medios locais que ao largo da historia conseguiu sentar as bases para articular unha forte implantación nos ámbitos de proximidade e unha aceptable sintonía cos usuarios.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados