María Victoria Carballo Calero Ramos
O compromiso político como directriz de Nós (1920-1935) vinculado desde o comezo co nacionalismo, condiciona unha plastica que non admite a linguaxe artística da vangarda agás en contadas excepcións. Con Castelao como director artístico, interveñen na parte gráfica Álvaro Cebreiro, Cándido Fernández Mazas, Manuel Méndez, Xaime Prada, ou Manuel Colmeiro e Luís Seoane a partir de 1934. En liñas xerais, asistimos a unha ilustración que abranxe desde os derradeiros ecos do modernismo, fusionados nun proceso de renovación do novecentismo, até os inicios das incipientes e serodias vangardas históricas.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados