Esta recadádiva reúne diversas unidades fraseolóxicas (así como tamén algunhas expresións monolexicais) recollidas na parroquia do Couto de Oíns, pertencente ao concello de Arzúa. O obxectivo principal foi facer unha breve achega á fraseoloxía propia deste lugar con unidades pertencentes a diversos campos semánticos (como son as festas, o tempo atmosférico, o tempo cronolóxico, a sexualidade, a riqueza etc.). A metodoloxía que se seguiu foi a realización de diferentes entrevistas cara a cara a un total de 9 persoas (7 oriúndas do lugar e 2 que, pese a naceren noutros concellos próximos, levan vivindo alí dende hai máis de 30 anos). Os resultados acadados foron a recollida de máis dun total de 250 unidades fraseolóxicas e expresións monolexicais galegas, algunhas novas e outras xa coñecidas, que se presentan ordenadas, tanto pola súa correspondente tipoloxía como tamén por orde alfabética, e con cadansúa definición e exemplos de uso acorde cos datos previamente subministrados polas persoas informantes.
This collection brings together several phraseological units (also some monolexical expressions) collected in the parish of O Couto de Oíns, belonging to the municipality of Arzúa. The main objective was to present a brief contribution to the phraseology of this place with units belonging to several semantic fields (festivals, atmospheric weather, chronological time, sexuality, wealth...). The methodology followed was to carry out different face-to-face interviews with a total of 9 people (7 natives of the place and 2 who, despite having been born in other nearby municipalities, have been living there for more than 30 years). The results obtained were the compilation of a total of more than 250 Galician phraseological units and monolexical expressions, some new and others already known, which are presented in order, both by their corresponding typology and also by alphabetical order, and with each definition and examples of use according to the data previously provided by the informants.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados