Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Fraseoculturoloxía e fraseodidáctica en LE: como integrar progresivamente expresións idiomáticas no ensino dende o nivel A1 ata o B2?

Lian Chen

  • galego

    O francés é unha lingua moi rica en expresións idiomáticas (EI) que reflicten a civilización, a cultura, a literatura, a historia, as crenzas, o costume e a superstición, así como as particularidades nacionais existentes nas mentalidades e percepcións do universo. As EI son «omnipresentes no uso común»2 (Bolly, 2011: 19). As secuencias fixas constitúen unha gran parte do léxico e da gramática dunha lingua determinada (M. Gross, 1982; Mejri, 2005) e xeralmente abórdanse a través da fraseoloxía (González-Rey, 1995, 2002). No entanto, non se lles presta demasiada atención no estudo dunha lingua estranxeira (LE) e só aparecen esporadicamente nos manuais. Esta falta de visibilidade vai en contradición coa súa frecuencia de uso na comunicación diaria. Porén, dominar o léxico é igual de importante que dominar a sintaxe ou a gramática. O que buscamos é desenvolver unha programación mellorada e máis específica á hora de ensinar fraseoloxía. As expresións idiomáticas deben formar parte do proceso de adquisición a longo prazo. A continuación, propoñemos un método de ensino intralingual e interlingual dirixido á integración progresiva das EI segundo o seu grao de opacidade (léxica e semántica) dende o nivel A1 e ata o B2.

  • English

    French is a language rich in idiomatic expressions that reflect civilization, culture, literature, history, beliefs, custom, superstition, and national particularities in mentalities and perceptions of the universe. Idiomatic expressions are “ubiquitous in common usage” (Bolly, 2011: 19). Fixed expressions constitute a large part of the lexicon and grammar of a given language (M. Gross, 1982, 1988; Mejri, 2005) and are generally approached through phraseology (González-Rey, 1995, 2002). Nevertheless, fixed expressions are not the subject of time devoted to French as a foreign language and only appear sporadically in textbooks. This lack of visibility contradicts their frequent use in everyday communication. However, mastering the lexicon is as important as mastering syntax or grammar. We seek to develop an improved and more specific program for teaching phraseology. Idiomatic expressions must be part of a long-term acquisition process. We propose an intralingual and interlingual teaching method aimed at the gradual integration of idiomatic expressions according to their degree of (lexical and semantic) opacity in teaching from levels A1 to B2.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus