Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Avaliación da implementación do galego estándar mediante o sistema educativo

    1. [1] Universidade de Vigo
  • Localización: Estudos de lingüística galega, ISSN 1889-2566, Nº. 15, 2023
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Recoñecéndomos o sistema educativo como un dos principais axentes de difusión do estándar, achamos pertinente un estudo que nos permita avaliar o éxito na implementación desta variedade de recente configuración. O presente traballo ofrece unha perspectiva, xeral e comparada en función da lingua inicial e da relación coa variedade estándar do galego, dos estudantes que remataron a Educación Secundaria Obrigatoria. Neste documento preséntanse e analízanse os resultados dunha investigación de corte cuantitativo na que interrogamos unha mostra do alumnado de segundo de bacharelato durante o ano académico 2021/2022. Nas conclusións observaremos como este segmento de poboación lexitima e acepta a variedade normativa sen que isto implique a asunción dos principios da ideoloxía do estándar: a valorización das variedades vernáculas do alumnado prevalece sobre a vontade de converxencia cara ao estándar. Tamén veremos como as persoas que aprenderon a falar en galego, a priori usuarios do galego popular ou tradicional, valóranse mellor a si mesmos como falantes e dominan a norma en maior medida que o resto dos grupos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno