Cando falamos de empatía, respecto, diversidade, integración... é necesario introducir estes aspectos na nosa práctica diaria e non en obxectivos abstractos ou puntuais. Os currículos educativos tenden a un coñecemento da nosa realidade cultural, histórica, natural... desde unha perspectiva eurocéntrica, así que debemos compensalos coa multiculturalidade. Abrir os ollos ás distintas culturas presentes nas comunidades escolares é unha porta aberta ao coñecemento, á comprensión, ao respecto, á autoestima e á integración sen caer no sinalamento nin na aculturación. #primaveradospobos #culturasdomundo #interculturalidade.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados