Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Un futuro incerto: a variación ir + inf. e haber (de) + inf. no galego oral contemporáneo

    1. [1] Universitat Oberta de Catalunya

      Universitat Oberta de Catalunya

      Barcelona, España

  • Localización: Cadernos de lingua, ISSN 1130-5924, Nº. 40, 2023, págs. 79-100
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Este traballo analiza a variación da expresión do futuro no galego oral contemporáneo. Este ten mecanismos de expresión de futuridade que van alén do futuro sintético: perífrases con ir e haber + infinitivo, por unha banda, e o uso do presente por futuro, pola outra (Álvarez & Xove 2002; Freixeiro Mato 2006). As formas con ir e haber coexisten para a referencia temporal futura e serán as protagonistas da presente investigación. Que factores lingüísticos favorecen cada unha das formas? Conserva haber + inf. usos derivados das súas orixes deónticas? Como se relacionan ambas as dúas formas cos seus respectivos procesos de gramaticalización? Para iso, reúnense 150 exemplos de futuro perifrástico (ir + inf.) e 150 exemplos de futuro con haber (haber (de) + inf.) extraídos do Corpus Oral Informatizado da Lingua Galega e codificados segundo diversos factores linguísticos. Despois dunha análise variacionista co programa estatístico Goldvarb/Vabrul, móstranse os resultados cuantitativos dos factores estatisticamente significativos. A continuación, ofrécense algunhas lecturas analíticas desta variación desde a lingüística baseada no uso. En definitiva, este traballo deita luz sobre as finas fronteiras entre temporalidade e modalidade no ámbito do futuro, así como sobre os posíbeis procesos de gramaticalización destas formas en competencia.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno