Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


As costas de Galicia, unha caracterización a múltiples escalas

  • Autores: Alejandro Gómez Pazo
  • Localización: Nemus: revista de l'Ateneu de Natura, ISSN 1697-2694, Nº. 13, 2023, págs. 16-31
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • Galician coasts, a multi-scale characterization
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      Galicia é unha rexión marcada pola súa relación co mar. Ao longo dos seus máis de 2.000 km de costa sucédense unha gran cantidade de tipoloxías costeiras que lle outorgan unha rica biodiversidade.

      Neste traballo búscase sintetizar o coñecemento existente sobre as costas galegas cunha visión a múltiples escalas, dende a xeral, na que se divide a costa en tres categorías -sedimentaria, rochosa e artificial- a outra máis específica onde se definen distintas categorías en cada ámbito en función da súa xénese e evolución.

      Esta análise permitiu mostrar a grande importancia que teñen as costas rochosas (65%) e que dentro delas, no ámbito das praias de bloques pódense diferenciar até cinco categorías distintas en función do seu deseño e da disposición do material. Tamén se debe sinalar como as mudanzas na ocupación do territorio nas derradeiras décadas están marcando a súa posíbel evolución, así como os riscos para a poboación e as infraestruturas no contexto do cambio global.

    • English

      Galicia is a region marked by its relationship with the sea. Along its more than 2,000 km of coastline, many coastal typologies give it incredible biodiversity.

      In this work, we try to synthesize the existing knowledge about the Galician coasts with a vision at multiple scales, from the general one, where the coast is divided into three categories: sedimentary, rocky, and artificial, to another more specific one, where different types are defined in each area according to its origin and evolution.

      This analysis allowed us to show the great importance of rocky coasts (65 %) and that within them, in the boulder beaches, we can differentiate up to 5 different categories depending on their design and the disposition of the material. It should also be pointed out how the changes in the occupation of the territory in recent decades are marking its possible evolution, as well as the risks for the population and the infrastructures in the context of global change.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno