Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O adxectivo cunqueiriano na narrativa galega

    1. [1] Universidade de Vigo

      Universidade de Vigo

      Vigo, España

  • Localización: Cumieira das letras, ISSN 2792-9639, Nº. 1, 2022 (Ejemplar dedicado a: Álvaro Cunqueiro), págs. 161-168
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • The Adjective cunqueiriano in Galician Prose Writing
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      No presente traballo pretendemos trazar unha panorámica da evolución do adxectivo «cunqueiriano» na narrativa galega dende os anos setenta do século pasado ata a actualidade. Así podemos comprobar como a influencia do gran escritor mindoniense pasa por diferentes fases: a identificación co realismo máxico nos oitenta, como vía para a creación dunha alegoría nacional que permita representar un pasado irrepresentable; a apropiación, na década dos noventa, da memoria histórica a través da investigación etnográfica; ou a fidelidade extrema na reprodución hipertextual das súas estratexias narrativas e estilo, xa na primeira década dos dous mil. Por último, indícase que na actualidade existe un uso difuso do adxectivo «cunqueiriano», escritor ao que se cita como modelo de autor biliterario con ampla presenza no xornalismo de expresión castelá, e tamén como figura clave, esgazada da tradición nacional, na formación literaria dos narradores das novas xeracións.

    • English

      In this piece, we make an overview of the evolution of the adjective cunqueiriano in Galician fiction prose writing from the 1970s to the present. The influence of the great writer from Mondoñedo goes through several stages: The identification with magical realism in the 1980s, as a way to create a national allegory that allows one to represent an irrepresentable past; the appropriation of historical memory through ethnographic research, in the 1990s; or extreme fidelity in the hypertextual reproduction of narrative strategies and style in the noughties. Finally, it is suggested that there is nowadays a vague use of the adjective cunqueiriano, referring to a writer who is mentioned both as a model of an author belonging to two literary traditions, featuring prominently in Spanish journalism, and as a key figure, torn from the national tradition, in the literary formation of narrators from younger generations.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno