Referencia bibliográfica sobre o libro recentemente publicado por Narciso de Gabriel Fernández, Os mestres mortos daquel verán, na Editorial Galaxia de Vigo. É unha investigación que recorre as vidas e mortes de dez mestres e mestras que exercían na provincia da Coruña e que foron executados baixo diferentes acusacións. A obra segue unha liña iniciada polo autor fai tempo, con moito rigor, e complementada por outros historiadores da educación galegos, que analizan as provincias de Pontevedra (Porto Ucha e Vázquez Ramil), Lugo (Costa Rico e Bolaño Amigo) e Ourense (Cid Fernández). Dende o punto de vista editorial é un libro moi coidado e ten o raro mérito de conxugar a investigación seria coa divulgación ben feita.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados