Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O hidróxeno como oportunidade estratéxica para a economía galega

    1. [1] Xunta de Galicia

      Xunta de Galicia

      Santiago de Compostela, España

    2. [2] Cluster das Enerxías Renovables de Galicia
  • Localización: Documentos de Traballo. Análise Económica, ISSN 1138-0713, Nº. 75, 2023, págs. 1-31
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Os esforzos realizados pola Unión Europea na loita contra o Cambio Climático e na redución das emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (G.E.I.) ten un punto crítico na falta de dispoñibilidade de enerxía renovable en condicións climatolóxicas adversas, é dicir en ausencia de sol, vento ou auga.

      A Unión Europea propón acadar a neutralidade climática en 2050, para o que é precisa a electrificación masiva da sociedade, pero quedan algúns sectores denominados difíciles de abater, como son a movilidade eléctrica de vehículos pesados (camións e autobuses), aviación, ferroviaria ou transporte marítimo. Ademais existe un consumo de hidróxeno non enerxético para procesos industriais como o metalúrxico, refinerías ou fabricación de fertilizantes que produce millóns de toneladas de G.E.I. e que é necesario abordar.

      No presente artigo facemos unha análise das diferentes tecnoloxías de produción de hidróxeno utilizando fontes renovables, en particular analizamos e as oportunidades que poden xurdir na Comunidade Autónoma. Galicia dispón do mellor recurso enerxético de toda a Península Ibérica, que pode ser aproveitado para a implantación de plantas hidroxeradoras; ademais a existencia dunha produción de millóns de toneladas na Comunidade Autónoma pode ter un efecto tractor para a implantación de novas industrias que consuman hidróxeno renovable ou metanol. No artigo se fai especial referencia ao anuncio da naviera danesa Maersk de implantar unha gran factoría de produción de metanol verde que podería crear milleiros de postos de traballo en Galicia na presente década.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno