Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Relación lonxitude-peso do bivalvo Dosinia exoleta (L., 1758) na zona interna da Ría de Arousa

    1. [1] Confraría de Pescadores de Cabo de Cruz. Cabo de Cruz, A Coruña
    2. [2] I.E.S Fonmiñá. A Pastoriza (Lugo)
  • Localización: VI Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas: Mareas negras: caso Prestige / Manuel Rey Méndez (aut.), Jacobo Fernández Casal (aut.), Mónica Izquierdo Rodríguez (aut.), 2004, ISBN 84-608-0102-0, págs. 255-258
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Donisia exlotea (L., 1758) comercialízase nas lonxas galegas co nome comercial de reló ou "relojito". En función das súas capturas, este bivalvo figura entre as especies acompañantes nas estatísticas da Consellería de Pesca da Xunta de Galicia que recollen as extraccións marisqueiras a través dos datos de primeira venda en lonxa (SIPGALICIA).

      As capturas desta especie evoluíron dende os 251.968 kg e 88.556,74 € de 1989 ata os 11.741.908 kg e 1.354.644,93 € de 2001(SIPGALICIA). Na lonxa da Confraría de Pescadores de Cabo de Cruz sitúase entre as tres primeiras especies en importancia de peso, cun máximo de vendas de 68.012 kg e 56.900 €.

      Dende 1997 véñense recollendo rexistros da relación lonxitude-peso desta especie no ámbito territorial da Confraría de Pescadores de Cabo de Cruz, coa finalidade de dispor dunha ferramenta que permita a estima de biomasa a partir das relacións de tallas empregadas no seguimento da dinámica de poboación desta especie de cara á xestión da súa explotación.

      Na presente comunicación exponse unha relación lonxitude-peso obtida a partir dos datos ata agora acumulados e que abranuen un rango de lonxitudes que vai dende os 4.95 ata os 51.3 mm.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno