Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


"Gallego, con perdón": un achegamento literario ao fenómeno do autoodio na Galiza seiscentista

    1. [1] Universidade da Coruña

      Universidade da Coruña

      A Coruña, España

  • Localización: Moenia: Revista lucense de lingüistica & literatura, ISSN 1137-2346, Nº 28, 2022
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • A presenza do autoodio na sociedade galega representa, desde as últimas décadas, un elemento de crecente interese nos estudos de sociolingüística galega contemporánea. A súa transcendencia social resulta visíbel hoxe en numerosos fenómenos sociais como a progresiva substitución lingüística en favor do español, así como o proceso xeral de asimilación cultural experimentada en Galiza. Porén, a reflexión acerca do autoodio, identitario e lingüístico, xa ten chamado a atención de numerosos autores setecentistas entre os que destaca Martín Sarmiento, crítico cos prexuízos antigalegos da súa época, como da interiorización destes en boa parte da poboación galega da altura. Perante a escaseza de testemuños directos, a literatura española do século XVII perfílase como unha fonte documental de extraordinario valor, susceptíbel de explicar diferentes praxes relativas ao autoodio galego, así como propor unha cronoloxía satisfactoria sobre este fenómeno social. Do mesmo xeito, a análise literaria permite situar na diáspora os primeiros testemuños de autoodio galego, así como unha menor incidencia nas capas socialmente máis privilexiadas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno