Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Cambios: cambio corporal: quen son eu?

María Dolores Viñas Carballeira

  • galego

    O cancro de colon -tumor do intestino grosoé o segundo tumor máis frecuente do aparello dixestivo. Aínda que se dá en diferentes idades, é máis típico a partir dos 50. É máis frecuente en homes que en mulleres e pode aparecer de maneira asintomática. A palabra cancro xeralmente crea sentimentos de tristeza e ansiedade. É coñecida por todos. Pero a palabra ileostomía é descoñecida por moitos. Vivir cunha bolsa de ostomía non é fácil. Vivir cun cancro tampouco.

    A enfermidade, a quimioterapia e a ileostomía produciron cambios notorios tanto no meu corpo e na miña mente, como na confianza en min mesma. Cambios na imaxe corporal, identidade persoal e nas emocións, así como en hábitos, novas rutinas e modo de vida. Cambios que tes que aceptar e traballar polo teu benestar físico e saúde mental. Hai que aprender a vivir unha nova vida. Pero con dignidade.

  • English

    Colon cancer is a tumour of the large intestine -the second tumour more frequent of the digestive system-. It’s more typical from the fifties. This cancer is more common in men than in women and it may appear asymptomatically. The word cancer usually produces feelings of sadness and anxiety and it’s known worldwide. But the word ileostomy is unknown to many people. Living with an ostomy bag is not easy, neither with cancer. Disease, chemotherapy and ileostomy have produced important changes in my body and also in my mind and self-confidence. They have produced changes in my body image, personal identity and emotions as well, changes in habits, routines and way of life. Changes must be accepted in order to improve your well-being and mental health. You must learn to live a new life. But with dignity.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus