Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Alzheimer, demencia e deterioro cognitivo por idade: unha perspectiva lingüística

Sol Vilas González, Iria Rodríguez Sánchez

  • No contexto actual, cun avellentamento poboacional moi relevante, as enfermidades causantes da demencia, entre elas o Alzheimer, afectan cada vez a máis persoas, polo que supoñen unha gran preocupación social. Para a elaboración deste traballo, de carácter descritivo e analítico, foi levada a cabo unha investigación de campo na que puidemos contar coa colaboración das asociacións AFAGA e AFAMON, especializadas na atención destas patoloxías, que nos permitiron acudir aos obradoiros terapéuticos e estar en contacto directo con pacientes e profesionais de diversas especialidades. Asemade, inclúense dúas entrevistas personalizadas a informantes de idade avanzada, cun deterioro cognitivo leve pero sen diagnóstico, para comprobar se presentan afectacións na linguaxe ou se amosan características lingüísticas semellantes aos pacientes diagnosticados con algún tipo de demencia. Esta constatación podería supoñer un gran avance no estudo do deterioro cognitivo e, xa que logo, unha mellora da calidade de vida das persoas que sofren esta enfermidade.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus