Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A cuestión do significado no significante [demo’kɾaθja]

    1. [1] Universidade de Vigo

      Universidade de Vigo

      Vigo, España

  • Localización: Documentos de Traballo en Ciencias da Linguaxe: DTCL, ISSN-e 2530-2752, Nº. 3 (DTCL 2022), 2022
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • “Democracia” é unha das palabras que máis significados positivos ten asociados na actualidade. Entendido como modelo de organización política, este goza dunha grande popularidade, debido, precisamente, ás ideas positivas que representa. É por iso que a sociedade quere sentirse e verse vinculada con este termo, pois ao redor do mesmo créase un consenso, un lugar común que é reconfortante para a cidadanía. Mais non debemos obviar que o modelo democrático, a pesar das ideas positivas que representa é un modelo onde existen grandes desigualdades (xa dende a súa creación na antiga Grecia). Nesta breve investigación partimos da hipótese de que o signo lingüístico “democracia” posúe un gran valor nos discursos da actualidade e polo tanto, actúa como un valioso significante para a política. Este valor pode deberse a que se trata dunha palabra que goza dunha gran polisemia e ao ser empregada en múltiples e diversos contextos, acabou por desvincularse do seu significado primeiro. A multiplicidade de significados asociados ao significante convértena nunha valiosa ferramenta política que finalmente desvirtúa o termo e dilúe os seus significados. Para levar a cabo esta investigación faremos unha achega cualitativa ao emprego da palabra “democracia” dentro dos imaxinarios sociais da actualidade para tratar de determinar ante que tipo de significante estamos e describir a imaxe que a cidadanía posúe da mesma.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno