Vigo, España
A estilización humorística é un recurso discursivo moi frecuente na interacción cotiá. A miúdo, os falantes recorren ao humor para presentar determinados episodios do pasado dende o self presente. Nos nosos exemplos, o humor retranqueiro ten unha dobre función: por unha banda, indexar o sentido das nosas emisións e contextualizar o discurso e, por outra, escenificar a actividade narrativa. O obxectivo deste traballo é analizar, dende a perspectiva construcionista e interaccionista da etnografía da comunicación, o uso da retranca e do estilo humorístico despregado polos falantes (con repertorios comunicativos bilingües e que participan nalgunha medida en mundos culturais diversos – máis ou menos rural vs. máis ou menos urbano) nas súas interaccións no seo dunha comunidade de práctica rurbana.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados