Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O tratamento dos déficits da linguaxe nas terapias para persoas con demencia

    1. [1] Universidade de Vigo

      Universidade de Vigo

      Vigo, España

  • Localización: Documentos de Traballo en Ciencias da Linguaxe: DTCL, ISSN-e 2530-2752, Nº. 1 (DTCL 2016), 2016
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • O deterioro da linguaxe é un dos principais problemas que afecta ás persoas que padecen demencia. Para tratar de paliar os efectos deste deterioro, os centros especializados no coidado de persoas con esta doenza ofrecen talleres que axudan a estes pacientes a minimizar a perda da linguaxe e a manter na mellor situación posible os niveis de competencia comunicativa. Porén, non existen datos sobre en que proporción se tratan os diferentes niveis da linguaxe nestas actividades. Para contribuír a encher ese baleiro, o presente traballo ten como obxecto de estudo a análise das actividades que se efectúan nos talleres de linguaxe nos centros especializados no coidado de persoas con demencia en España. Os obxectivos son: (i) identificar cales son os exercicios que se realizan habitualmente nos talleres; (ii) observar a proporción na que se tratan os distintos niveis da linguaxe durante as actividades; (iii) comprobar a percepción do persoal encargado de facer os talleres sobre o efecto destas actividades no desenvolvemento do déficit lingüístico das persoas con demencia e (iv) verificar se as ferramentas de diagnose de déficits lingüísticos que existen na actualidade son útiles na actividade diaria destes terapeutas.

      Para isto, desenvolveuse un cuestionario con preguntas sobre os participantes, os exercicios e os protocolos que foi enviado ao persoal a cargo dos talleres de todas as asociacións de Alzheimer e outras demencias que se atopan no marco da CEAFA (Confederación Española de Asociacións de Familiares de Persoas con Alzheimer e Outras Demencias). Os resultados amosan que estes e estas profesionais traballan todas as áreas da linguaxe, mais os exercicios específicos de sintaxe, pragmática e morfoloxía practícanse menos adoito cás outras. Hai consenso en que os protocolos constitúen ferramentas útiles para avaliar o deterioro e seleccionar exercicios para os talleres. A este respecto considérase que estes instrumentos de intervención no diagnóstico mellorarían se requirisen menos tempo, se adecuasen máis ás distintas fases da enfermidade e tivesen máis en conta o nivel cultural dos pacientes.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno