Santiago de Compostela, España
O obxectivo deste traballo é publicar cinco documentos de «espontaneo» –ou «espontáneas»– da primeira metade do século XVIII, localizados no Arquivo do Museo Provincial de Lugo. Trátase de fontes de grande interese para o estudo das mulleres e da sexualidade extraconxugal na Galicia do Antigo Réxime, nos que cinco mulleres solteiras confirman ante as autoridades os seus embarazos, froito, segundo as declarantes, da violencia sexual infrinxida por tres homes descoñecidos e por un home casado co que traballaba unha delas, e noutro caso pola relación sexual consentida cun home ao servizo dun boticario.
The aim of this paper is to publish five «espontaneos» –or «espontáneas»–, from the first half of the 18th century, documents located in the Arquivo do Museo Provincial de Lugo. These are sources of great interest for the study of women and extra-marital sexuality in Galicia during the Ancient Regime, in which five women confirm before the authorities their pregnancies, as a result of the sexual violence inflicted by three unknown men and by a married man, the boss of one of them, and, in another case, for a consensual sexual relationship with a man who worked for an apothecary, according to the declarants.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados