Uxía Iglesias (entrev.), José Antonio Rodríguez (entrevistado)
José Antonio Rodríguez é bombeiro forestal do Servizo de Prevención de Incendios da Xunta de Galiza no distrito XIII de Valdeorras-Trives. Traballador fixo-descontinuo de nove meses desde o 2008 e para campañas de verán desde o 2001, José Antonio interveu na Serra do Eixe, nos pobos de Candeda, Carballeda, Sobradelo e Vilardexeos. Ademais, é delegado de persoal da CIG no comité de empresa do SPIF en Ourense. Describe o vivido como un "duro baño de realidade" e alerta de que en Valdeorras "queda todo por facer" para que un incendio coma o deste verán non volva suceder.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados