Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de "Aínda que nos cubrisen de ouro, non compensan tal desleixo": voluntariado nos incendios

Uxía Iglesias

  • "É o Prestige do interior: tras a catástrofe, queren tapar bocas con catro duros". Sentenzas coma estas poñen de manifesto o malestar da veciñanza afectada polos incendios acontecidos neste verán. Os do Courel e Valdeorras son os que máis hectáreas queimaron en Galiza desde que existen rexistros: máis de 22.000. Meses despois, a poboación non esquece aqueles intensos días nos que a vaga de lumes asolou o país, erguido logo nun novo ‘Nunca Máis’ contra o “desleixo” das administracións. A sensación de abandono mantense intacta, mentres a natureza, poderosa, fai por volver brotar. Falamos con Sandra, da Casa de Poles; con Óscar Carrete e con Saca, voluntariado que traballou en primeira liña contra os incendios no Courel, para rememorar as vivencias daqueles días e deitar luz sobre a situación en que se atopan agora as zonas máis afectadas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus