O 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, e o 11 de decembro, Día das Montañas. Estas dúas datas volveron ser claves ao longo do 2022 na loita contra a invasión eólica en Galiza. O pobo mobilizouse masivamente baixo o lema "Temos alternativa! Por unha enerxía xusta e sustentábel. Por unha enerxía por e para o pobo" nunhas manifestacións convocadas pola Coordinadora Eólica Así Non, conformada por máis de 200 entidades repartidas por todo o país, entre colectivos e plataformas veciñais, ecoloxistas, culturais e sociais.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados