Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Territorio e lugar en César Portela (1970-2001): da remodelación análoga ao rexionalismo crítico

    1. [1] Universidade de Santiago de Compostela

      Universidade de Santiago de Compostela

      Santiago de Compostela, España

  • Localización: Semata: Ciencias sociais e humanidades, ISSN-e 2255-5978, ISSN 1137-9669, Nº 34, 2022 (Ejemplar dedicado a: Espazos)
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Como figura fundamental para entender o desenvolvemento da arquitectura e o pensamento arquitectónico galegos no último terzo do século XX, a reflexión sobre o territorio en César Portela (Pontevedra, 1937) pode ser rastrexada ao longo de toda a súa carreira. En efecto, este período está caracterizado por un maior debate profesional e unha maior sensibilidade para dar respostas ás problemáticas concretas do país galego emanadas dos modelos de desenvolvemento máis lesivos co seu territorio. Dunha banda, abordarase a creación das novas institucións profesionais nos setenta ou a presenza de mestres como Rossi ou Bar Bóo como influencias nas posicións de Portela, a aplicación de conceptos como a «remodelación análoga» de Rossi ou de perspectivas analíticas e expresivas como a do rexionalismo crítico. Doutro lado, analizaranse diferentes modos da súa «arquitectura do territorio», desde os grandes formatos e a rehabilitación de amplos espazos até as prácticas de restitución do «lugar».


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno