Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Instalación dun panel solar no IES As Lagoas e validación das súas medidas

C. Cachaldora, D. Ventura, A. Martínez

  • No marco do proxecto STEMBach que se levou a cabo no IES As Lagoas de Ourense, instalouse unha placa solar no tellado do instituto co propósito de aumentar o coñecemento sobre a enerxía solar fotovoltaica. Este dispositivo consta da propia placa solar e dun multímetro que permite configurar a toma das medicións de intensidade solar. Co primeiro paso, os alumnos realizaron unha estimación da curva I-V do panel fotovoltaico comparando os distintos datos de días con niveis de radiación similares. A realización desta curva presentou unha gran serie de inconvenientes posto que o multimetro utilizado non era capaz de soportar a medida de intensidade e voltaxe a vez, obrigándolles a realizar estas medidas en días separados.

    Posteriormente comparáronse os datos de intensidade do panel solar con datos de radiación solar tomados nunha estación próxima de Meteogalicia durante os meses de febreiro e marzo. A principal conclusión desta comparativa é que a placa solar mide correctamente a intensidade solar xa que existe unha clara equivalencia cas medidas tomadas por Meteogalicia. Finalmente, tendo en conta que durante a realización deste proxecto tivo lugar un evento intenso de calima na cidade de Ourense, analizouse con maior detalle este evento que tivo lugar entre os días 14 e 19 de marzo


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus