Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Construción de vigas laminadas de madeira. Comparación coa madeira maciza

D. Fraguas Nieto, A. Fernández Prado

  • A madeira é un dos materiais de construción mais sostible que podemos atopar.

    Ademais posúe numerosas cualidades, entre as que se poden destacar a súa gran resistencia, lixeireza, facilidade para traballar con ela, boa estética ou baixo custo, entre outras, que fan que o seu uso estea moi estendido. Ademais, o feito de que sexa un material renovable e que case non contamina no seu procesado, fan que o seu uso sexa cada vez mais necesario nos tempos actuais de cambio climático. Sen embargo, non todos os tipos de madeira e estruturas xeradas con elas, como poden ser os diferentes tipos de vigas, teñen a mesma eficiencia e características. É por ilo que é necesario analizar as propiedades tanto de cada tipo de madeira, como das diferentes estruturas xeradas. Neste traballo analizarase a resistencia de diferentes tipos de madeira (piñeiro, faia e castiñeiro) xunto con diferentes tipos de vigas construídas con elas (maciza, dúo, trío e laminada).


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus