Neste contributo dáse noticia da existencia dunha obra teatral escrita por Eduardo Pondal. A incursión do poeta no mundo da dramaturxia é resposta ao chamamento feito en 1903 pola Escola Rexional de Declamación para os escritores galegos contribuíren coa súa pluma a arrequentar o repertorio da literatura dramática galega. Os materiais manuscritos conservados na Real Academia Galega, agora descritos e estudados, mostran a existencia dun primeiro proxecto inicial máis complexo, xunto cunha versión dramática simplificada, tal como reflicte a peza de case 600 versos, centrada nas saudades que sofre María, unha rapariga de Lebosende que sobrevive emigrada en Bos Aires.
The article examines a previously unpublished play by the poet Eduardo Pondal, entitled Maria de Lebosende (Suidades da terra). Pondal's foray into the world of dramaturgy was in response to the call on Galician writers by the Escola Rexional de Declamación (Regional School of Declamation) in 1903 to enrich the repertoire of Galician dramatic literature. The analysis of the manuscript materials preserved at the Royal Galician Academy reveals the existence of a more complex initial project well as a simplified dramatic version, consisting of some 600 lines. The play focuses on the nostalgic suffering of Maria, a girl from Lebosende surviving as an emigrant in Buenos Aires.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados