Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba (Costa da Morte, Galicia)

  • Autores: Augusto Pérez Alberti
  • Localización: Nemus: revista de l'Ateneu de Natura, ISSN 1697-2694, Nº. 12, 2022, págs. 31-47
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • The protected landscape of Penedos de Pasarela and Traba (Costa da Morte, Galicia)
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      O macizo granítico de Pasarela e Traba atópase na Costa da Morte (Galicia, NO de España) e presenta unha disposición Norte-Sur. Na zona predomina a granodiorita biotitítica de idade hercínica tardía, cuxo mineral principal é o feldespato rico en potasio. Tratase dun material granítico de grande uniformidade e grao groso, que o distingue dos granitos de dúas micas que aparecen máis cara o leste. O lugar oficialmente chamado Penedos de Pasarela e Traba foi declarado o 12 de xaneiro de 2009 como paisaxe protexida pola Xunta de Galicia. Para a presente investigación creouse un modelo dixital de elevacións (MDE) de 2 metros de resolución. A partir deste e con ortofotografías cunha resolución espacial de 15 cm construíronse mapas de pendentes e debuxáronse 7.038 polígonos con límites moi variados e 1.785 liñas de fractura. Obtívose a superficie das primeiras e coas segundas elaborouse un mapa de densidade de fracturación. Todo iso, xunto co traballo de campo, permitiu identificar e xeolocalizar 92 xeoformas singulares con deseños xeométricos, antropomórficos ou zoomórficos que fan dos Penedos un lugar de importancia internacional.

    • English

      The granite massif of Pasarela and Traba is located in Costa da Morte (Galicia, NW Spain) and their orientation is North-South. This area is dominate by biotite granodiorite, of late hercinic age, whose main mineral is the feldspar rich in potassium. This is a granite material with a great uniformity and coarse grain, which distinguishes it from two micas granites. that appear further east. The officially called Penedos de Pasarela e Traba was declared as protected landscape on January 12, 2009, by the autonomous government of Galicia. For the present investigation, a 2-meter resolution Digital Elevation Model has been created. From this data and with the 15 cm of spatial resolution orthophotographys, slope maps have been constructed and 7,038 polygons with very varied limits and 1,785 fracture lines have been drawn. The surface area of the first ones has been obtained and with the second ones a fracture density map has been elaborated. All of this and the fieldwork surveys, has made it possible to identify and geolocate 92 singular geoforms with geometric, anthropomorphic or zoomorphic designs that make the Penedos a place of international importance.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno