Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Unhas notas sobre o sistema evidencial galego

    1. [1] Universidade de Vigo

      Universidade de Vigo

      Vigo, España

  • Localización: Estudos de lingüística galega, ISSN 1889-2566, Nº. 14, 2022
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • O obxectivo deste artigo é presentar unha visión xeral do sistema evidencial galego, nomeadamente das fontes indirectas inferencial e reportativa. Tras levar a cabo unha revisión dos estudos previos dos adverbios disque e seica, analizamos os dous significados evidenciais mediante exemplos do conxunto de marcadores que propoñemos e amosamos casos nos que a fonte é indistinta entre os dous valores canónicos previos, o que se vén en chamar “significado indirecto-indiferente”. Comprobamos que as expresións evidenciais actúan como unidades pragmáticas polifuncionais transmisoras de diversos matices sociais relacionados coas estratexias de cortesía negativa (atenuación), autoridade epistémica e establecemento dun territorio de información común compartido entre falante e oínte.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno