Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A subxugación feminina da esposa do Coello Branco de Alicia en formato álbum ilustrado

    1. [1] Universidade de Santiago de Compostela

      Universidade de Santiago de Compostela

      Santiago de Compostela, España

  • Localización: Boletín galego de literatura, ISSN 0214-9117, Nº. 60, 2022
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • A narrativa protagonizada pola pequena Alicia, creada por Lewis Carroll a finais do século XIX, segue ocupando un lugar destacado no imaxinario colectivo de pequenos e maiores, tanto pola súa consolidación como un clásico da Literatura Infantil e Xuvenil como pola multitude de reescrituras literarias e fílmicas que suscitou. O obxectivo desta nota é facer unha análise dende a perspectiva de xénero da reescritura literaria libre, de uso ideolóxico e en formato álbum ilustrado, titulada La esposa del Conejo Blanco, escrita e ilustrada por Gilles Bachelet. Os resultados mostran a intención clara de obra de facer unha denuncia e crítica social á instancia do matrimonio como mecanismo de subxugación da muller, sen por iso perder calidade estética e literaria nin orixinalidade. Na conclusión final evidénciase que a combinación de texto e imaxe mediante diversos tipos de interacción e o uso do sarcasmo, agochado nas palabras da protagonista, que gañan un novo sentido co acompañamento da ilustración, reforza a vinculación da obra co público non infantil, cuxas problemáticas se expoñen e denuncian no álbum.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno