Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Actitudes lingüísticas do alumnado de Vigo: diferenzas entre centros públicos e privados

    1. [1] Universidade de Santiago de Compostela

      Universidade de Santiago de Compostela

      Santiago de Compostela, España

  • Localización: Cumieira: cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega, Nº. 7, 2022, págs. 67-99
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • Linguistic attitudes of students from Vigo: differences between private and public schools
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      O obxectivo deste traballo é afondar nas actitudes lingüísticas do alumnado de 1º de Bacharelato de cinco centros educativos, dous públicos e tres privados, da cidade de Vigo. Para iso, realizámoslles enquisas ó conxunto da poboación e a partir delas analizamos as actitudes, tratando de atopar as semellanzas e as diferenzas entre os que acoden a unha institución privada e os que o fan a unha pública. Revisamos o concepto de actitude, o caso do galego como lingua minorizada, o decreto de plurilingüismo e a situación sociolingüística da cidade de Vigo, en tanto que son aspectos que poden influír nas percepcións, prexuízos e actitudes cara ó galego. A partir de diferentes enunciados actitudinais, establecemos as relacións significativas entre as variables independentes de lingua inicial, lingua habitual, perfil do centro, centro e xénero. As conclusións mostran que o perfil do centro inflúe de xeito significativo na construción das actitudes lingüísticas, pero non só. Existen factores alleos ós estudados aquí que teñen un peso tamén forte na percepción da lingua galega

    • English

      This paper aims to elaborate on the linguistic attitudes of 11th grade pupils from five educational centres, two public and three private ones, from the city of Vigo. To achieve this, a survey of the entire target population was conducted, and an analysis w i l l b e m a d e of attitudes trying to find similarities and differences between those who attend a private or a public school. We reviewed the concept of attitude, the case of Galician as a minority language, the decree of multilingualism and the sociolinguistic setting of the city of Vigo. From the different attitudinal statements, we established significant relationships between the independent variables of initial language, habitual language, school profile, school and gender. The conclusions show that the school profile has a significant influence on the construction of linguistic attitudes, but there are factors unrelated to those studied in this paper which also have a strong influence on the perception of the Galician language.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno