Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A percepción dos residentes do impacto socioeconómico do Camiño de Santiago Vía da Prata

    1. [1] Universidade de Santiago de Compostela

      Universidade de Santiago de Compostela

      Santiago de Compostela, España

  • Localización: Documentos de Traballo. Análise Económica, ISSN 1138-0713, Nº. 73, 2021, págs. 3-43
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • O obxectivo deste traballo é analizar a percepción dos residentes sobre o impacto que xera o Camiño de Santiago nos seus concellos. Tomando dous concellos representativos do tramo galego da ruta xacobea Vía da Prata, Laza e San Cristobo de Cea, e a partir da información cuantitativa obtida nunha enquisa realizada aos residentes, que usa a teoría do intercambio social, no traballo analízase a percepción dos efectos, positivos e negativos, respecto aos diferentes ámbitos do impacto, sociocultural, económico e ambiental, así como a nivel global. A percepción sobre o impacto demográfico e a percepción de saturación reciben unha especial atención, ao igual que a actitude dos residentes cara o Camiño e a afluencia de peregrinos. Os resultados mostran que, moi maioritariamente, os residentes de ambos concellos teñen unha percepción positiva, tanto en termos do impacto global como para as distintas dimensións analizadas; se ben, non perciben que afecte á dinámica demográfica destes concellos. Os resultados tamén indican que non hai percepción de saturación turística, en ningún dos dous casos, e unha actitude dos residentes cara ao Camiño moi favorable. A análise de independencia mostra que a percepción de impacto é máis positiva para os individuos cuxos ingresos se derivan de actividades vinculadas ao turismo, pero que non hai unha diferencia de percepción estatisticamente significativa para os residentes de distintos tramos de idade. As conclusións do traballo contribúen á formulación de estratexias orientadas ao desenvolvemento desta ruta e á sostibilidade do Camiño de Santiago.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno