Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de ZOSTECO: Proxecto participado para a xestión sustentábel da Enseada de San Simón

Emilio Fernández Suárez, Carlota Barañano Carrión, Gonzalo Méndez Martínez, Jone Molina, Aida Ovejero Campos, Jesús Souza Troncoso, Pablo Urbieta, Carlos Sebastian Villasante Larramendi

  • O proxecto ZOSTECO “Conservación das pradarías de Z oste r a no noroeste da Península Ibérica: unha investigación baseada na cartografía participativa de usos e servizos ecosistémicos” xurdiu coa vontade de combinar o coñecemento académico e o tradicional e así dar resposta á necesidade de conciliar a preservación dos hábitats da Enseada de San Simón coas diferentes actividades humanas que se desenvolven na área de estudo. En concreto, o traballo aspiraba a facilitar a coexistencia da explotación dos recursos coa conservación das pradarías de Zostera Noltei e Zostera marina mediante unha metodoloxía de investigación baseada na cartografía participativa de usos e servizos ecosistémicos, que ten implicado aos principais actores sociais do territorio nun proceso activo de elaboración de propostas de xestión do espazo natural.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus