Dase a nova e descrébese o achado no castro de As Corcas de Relgosa, no límite Norte da Terra Chá lucense, dunha estela antropomorfa, insculturada con liñas xeométricas por unha soia cara e sen inscrición. Faise unha relación dos materiais aparecidos coa estela e analízase esta, comentando os seus posibeis paralelos e apontando para ela unha datación en época galaico-romana, como mostra orixinal da arte galega indlxena dese momento
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados