Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Planificación dunha reserva da biosfera nas Serras de Ancares e O Courel

    1. [1] Xunta de Galicia

      Xunta de Galicia

      Santiago de Compostela, España

    2. [2] FH Hildesheim-Holzminden
  • Localización: Actas del Congreso de Ordenación y Gestión Sostenible de Montes : (Santiago de Compostela, 4-9 de octubre de 1999) / coord. por Alberto Rojo Alboreca, Ignacio Javier Díaz-Maroto Hidalgo, Juan Gabriel Álvarez González, Marcos Barrio Anta, Fernando Castedo Dorado, Guillermo Riesco Muñoz, Antonio Rigueiro Rodríguez, Vol. 2, 2000, ISBN 84-931244-4-3, págs. 265-273
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • galego

      As serras galegas están sufrindo un proceso de abandono dos seus habitantes, que ameaza a conservación da nosa paisaxe máis característica. O turismo preséntase como a mellor alternativa para manter unha poboación estable, pero a actividade turística presenta un novo xeito de vida, que pode implicar a desaparición dos labores agrícolas tradicionais.

      A parroquia de Seceda (municipio de Folgoso do Courel) cóllese como exemplo representativo para facer un estudio máis detallado do problema. A parroquia é unha antiga unidade de división xeográfica, que mantivo ata hoxe unha certa autoridade organizativa, servíndonos como base para comprende-lo aproveitamento do territorio e o terrazgo existente todavía na maioría dos pobos das serras orientais galegas. Tomando esta parroquia como exemplo téntase facer unha aproximación á planificación e á zonificación dunha futura Reserva da Biosfera.

      O establecemento dunha Reserva da Biosfera nas serras de Ancares e O Courel tentaría garantir a conservación dos valiosos ecosistemas naturais (en especial das Devesas) e asegurar o mantemento dos ecosistemas antrópicos (soutos, prados, matogueiras,...) e os labores tradicionais que caracterizaron esta paisaxe ó longo da historia.

      Finalmente, dedúcese a idoneidade que ofrecen estas serras para constituirse nunha futura Reserva da Biosfera, dada a súa gran biodiversidade e privilexiada situación, a cabalo entre as zonas bioxeográficas atlántica e mediterránea.

    • English

      The Galician mountains are suffering a major loss of inhabitants which threatens the conservation of one of its most typical landscapes. Tourism is the best alternative to keep a stable population in this area, but tourist activities can change the way of life of the inhabitants, producing the disappearance of traditional farm activities.

      The Parish of Seceda (Corporation of Folgoso do Courel) was chosen as a representative example for a detailed study. The Parish is an old geographical division, which still conserves some organizational authority, and it helps us to understand the landscape use and division which is still conserved in most of the villages of the eastern Galician mountains. The Planification and division of a future Biosphere Reserve is being carried out using this parish as an example.

      In setting up a Biosphere Reserve in the mountain ranges of Ancares and Courel we would guarantee the conservation of valuable natural ecosytems (especially the “devesas”) and the antropic ecosystems ( like the “soutos”–groves of chestnut trees–) and traditional activities, which has typified this landscape throughout history.

      The suitablity of these mountain ranges to be a Biosphere Reserve is obvious because of its great biodiversity and fortunate situation, between both the Atlantic and Mediterranean biogeographical regions.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno