O presente traballo supón unha pequena achega ao estudo de Dormente, a obra teatral de literatura infantil e xuvenil de Raquel Castro publicada neste ano 2021. A través da súa lectura, dedúcese o propósito da autora por despatriarcalizar o conto de A bela dormente. A tal fin, Castro dota ao renovado discurso de novos contidos e novas formas que distan do clásico, e sobre as que poremos o foco de atención atendendo a varios eixos: trazos feministas, humor e comicidade e estilo.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados