Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Hibridación de Achondrostoma arcasii (Steindachner, 1866) e Pseudochondrostoma duriense (Coelho, 1985) en afluentes da marxe española do Baixo Miño

Rufino Vieira Lanero, Sergio Silva Bautista, Sandra Barca, Javier Sánchez Hernández, David José Nachón, Elba Silva, M. Carmen Cobo, Fernando Cobo Gradín

  • A hibridación entre especies é considerada como unha ameaza para as especies de peixes de auga doce. O obxetivo desta nota é dar conta da presenza de híbridos na parte española da conca do Baixo Miño. Para este fin realizáronse mostraxes de pesca eléctrica en 11 localidades. En total capturáronse 9338 individuos pertencentes a 17 especies, incluindo 1010 individuos de Achondrostoma arcasii (Steindachner, 1866), 299 de Pseudochondrostoma duriense (Coelho, 1985) e 3 híbridos P. duriense x A. arcasii. A presenza de híbridos foi constatada nos ríos Pego e Caselas, cunha densidade e biomasa de 0.001 ind/m2 e 0.02 g/m2 no río Pego e de 0.001 ind/m2 e 0.03 g/m2 no río Caselas. Os híbridos entre estas dúas especies con outros ciprínidos xa foron descritos nesta e noutras concas próximas. Tanto no río Pego coma no Caselas os exemplares híbridos foron capturados en tramos delimitados por obstáculos infranqueables para estas especies, o que podería causar ou facilitar a aparición de hibridos. Ao mesmo tempo, cabe sinalar que a reducida proporción de híbridos capturados neste estudo suxire que o impacto de hibridación na comunidade de peixes da marxe española do Baixo Miño é mínima


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus