Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Validación do uso de tests de detección de sangue para o estudo da alimentación postmetamórfica de lampreas

    1. [1] Universidade de Santiago de Compostela

      Universidade de Santiago de Compostela

      Santiago de Compostela, España

  • Localización: GalHidria: revista da Asociación Galega de Investigadores da Agua (AGAIA), ISSN 2659-8760, Vol. 1, Nº. 1, 2019, págs. 79-83
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • O uso de probas presuntivas de detección de sangue para a investigación da alimentación hematófaga das lampreas deber ser validado e estandarizado. O obxectivo deste estudo foi investigar a existencia de falsos positivos e negativos cando se usa este método e investigar posibles tratamentos adicionais [tratamento térmico, esterilización con luz ultravioleta, mestura da mostra con ácido etilendiaminotetraacético de sodio (EDTA)]. Para a detección de sangue utilizáronse dúas probas presuntivas : tiras reactivas (Mission) e Bluestar. Todas as probas foron realizadas antes e despois de cada tratamento. Para este estudio utilizáronse 20 individuos postmetamórficos de lamprea mariña (Petromyzon marinus Linnaeus, 1758) capturados mentres se alimentaban e posteriormente conxelados, así como a sangue doutras especies obtidas en mercados locais. Todos os resultados antes e despois de cada tratamento, para todas as mostras e con ambos test de detección de sangue foron positivos. A observación de glóbulos vermellos ao microscopio permite validar estes resultados; sen embargo, a conxelación da mostra causou a degradación destas células impedindo esa validación. Os resultados suxiren que nin o método nin os tratamentos producen falsos negativos ou os producen nunha porcentaxe moi baixa. Futuros estudos deben determinar a posible existencia de falsos positivos e a efectividade dos tratamentos para reducir a súa presenza. Para este fin, deben recollerse mostras frescas de excrementos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno