Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Harmonizando tradición e conservación : regulación pesqueira da angúia [Anguilla anguilla (Linnaeus, 17589] nos caneiros de Portomarín (Lugo)

Sandra Barca, Rufino Vieira Lanero, Sergio Silva, Javier Sánchez Hernández, David José Nachón, M. Carmen Cobo, María J. Servia, Fernando Cobo Gradín

  • Na bacía do Miño-Sil existe unha importante cantidade de biomasas de anguía confinada en diferentes cursos de auga como consecuencia da forte fragmentación da rede hidrográfica ocasionada polos encoros e pola captura, por parte da Administración e de grupos ecoloxistas, de anguías retidas na presa de Frieira para soltalas despois augas arriba, onde non teñen ningunha probabilidade de contribuir ao escape cara ao mar. O cumprimento do Regulamento (CE) nº 1100/2007 do Consello Europeo no que se dan as directrices para a elaboración de plans de recuperación para toda a poboación de anguía europea, sobre o transporte de anguías dende augas interiores, pódese levar a cabo na conca alta do Miño grazas á colaboración coa Asociación "O Carrual", a través do plan de aproveitamento e de regulación pesqueira dos caneiros de Portomarín, pois doutro xeito, sería moi difícil a captura da abundante poboación relicta que aínda queda na parte alta do Miño


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus