Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Depuración de augas residuais urbanas e da industria vitivinícola a través de zonas húmidas construídas : investigacións levadas a cabo na Universidade da Courña

  • M. Sánchez [1] ; I. Ruiz [1] ; M. Soto [1]
    1. [1] Universidade da Coruña

      Universidade da Coruña

      A Coruña, España

  • Localización: GalHidria: revista da Asociación Galega de Investigadores da Agua (AGAIA), ISSN 2659-8760, Vol. 1, Nº. 1, 2019, págs. 21-30
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Os humidais construídos (HC) son sistemas naturais de depuración, lagoas , canais ou biofiltros pouco profundos (<1 m) con plantas propias de zonas húmidas, con baixo ou nulo consumo enerxético e xeración de residuos (lamas de depuración), e cunha boa integración paisaxística no medio ambiente natural. Requiren dunha superficie de tratamento entre 1 a 5 m2 por habitante equivalnete cun deseño e dimensionado coidadoso, mentres a súa construcción pode ser acometida por calquera pequena empresa e con materiais dispoñibeis a nivel local. Aplícanse ao tratamento de augas residuais domésticas, urbanas e industriais, lixiviados de vertedoiros, augas de drenaxe de actividades extractivas, augas de escoamento superficial agrícola e urbano, ou mesmo para lamas de depuradora.

      O Grupo de Enxeñaría Química Ambiental da Universidade da Coruña comezou no 2002 a investigar os HC como sistemas de depuración con estudos tanto en laboratorio como en planta piloto e a escala real. A eliminación de nitróxeno require a existencia simultánea de ambientes aerobios e anaerobios que ofrecen tanto os sistemas híbridos, consistentes na combinación de humedais de diferente tipo, como a combianción de HC con dixestores anaerobios. O grupo estudou a eficacia dos HC na depuración secundaria e terciaria, a eliminación de metais pesados, contaminación fecal e contaminantes emerxentes


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno