Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Lectura performativa dunha imaxe de Estíbaliz Espinosa lactante

    1. [1] Universidade da Coruña

      Universidade da Coruña

      A Coruña, España

  • Localización: Itinerarios: revista de estudios lingüisticos, literarios, históricos y antropológicos, ISSN 1507-7241, Nº. 33, 2021, págs. 127-147
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • Performative Reading of Estíbaliz Espinosa’s Image Breastfeeding
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      Odeslocamento do texto da centralidade do drama deixa o campo aberto á posteatralidade e, igualmente, abre un camiño para a realización doutras accións como o happening e a performance, onde o corpo e a audiencia pasan a ser protagonistas, confundíndose, en ocasións, vida e obra. As Redes Sociais Dixitais constitúen un novo espazo de expansión e proxección que está a ser empregado por mulleres artistas e poetas para desenvolver a súa expresión creativa. Estes territorios virtuais son utilizados por elas, asemade, como ferramenta de de-construción da sociedade patriarcal e como instrumento de subversión e transgresión. Por tanto, moitas das intervencións que realizan nestes contornos teñen un forte compoñente de activismo político e social, establecendo unha continuidade entre as esferas pública e privada; convértense así en espazos para a (re)presentación. Dentro destas accións están aquelas que teñen como obxectivo desmontar as construcións patriarcais e os tabús arredor do corpo da muller, como a campaña #brelfie. Neste contexto, analizamos unha acción lactivista transmedia realizada por Estíbaliz Espinosa, poeta e artista multifacetada galega e establecemos liñas de fuga que nos conducen a todo un universo de imaxes lactantes da historia da arte até a contemporaneidade.

    • English

      The displacement of text from the center of theatrical works creates the space for the emergence of postdramatic theatre and also makes possible other interventions such as happenings and performance, in which the body and the audience become protagonists, sometimes blurring the line between life and art. Digital Social Networks constitute a new space used by female artists and poets to expand, project, and develop their creative expression. They also use these virtual territories as a tool to deconstruct patriarchal society and as an instrument of subversion and transgression. Therefore, many of the interventions they carry out in these settings have a strong component of political and social activism, establishing continuity between the public and private spheres; they thus become spaces for (re)presentation. Included in these interventions are those that aim to dismantle patriarchal constructions of women’s bodies, such as the #brelfie campaign. In this context, we analyze a transmedia lactivist action performed by Estíbaliz Espinosa, a Galician poet and multidisciplinary artist, and we establish outward connections to a world of both historical and contemporary artistic images of breastfeeding.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno